miércoles, 24 de abril de 2013

A casa da mosca chosca

Xa estamos entrando na Primavera e no bo tempo, así que... qué mellor tema para este mes que falar dos moitos insectos que empezan a aparecer, das flores, das follas novas das árbores, o bo tempo... Así que escollimos o conto da Casa da Mosca Chosca, un conto popular de Rusia. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta

Na primeira semana limos o conto. Eu facía de narradora e de mosca chosca e os nenos de E.Primaria e algúns nenos de E.I que xa arrancaron na lectura facían o seu papel de Escaravello Revello, Morcego Chairego, Sapo Castrapo...
Logo nas nosas mesas de traballo escollimos unha personaxe e comezamos a facer a correspondente máscara: a coloreamos, a decoramos, a pegamos nunha cartolina máis grosa, a recortamos, picamoslle os ollos e o nariz, picamos dous buratos e neles introducimos as gomas para despois rematalas con nudos.
Na terceira semana estivemos ensaiando os nosos papeis e por fin poidemos gravarnos en video. A ver que vos parecen as nosas actuacións!!
ESCOLA DA CARREIRA A



ESCOLA DA CARREIRA B


ESCOLA DE LAGO
(1º Parte)



 (2 parte)



ESCOLA DE TARAZA


ESCOLA DE VILABOA


ESCOLA DE VILARRUBE

No hay comentarios:

Publicar un comentario